Inframatico

O Apalpador

O Apalpador achégase polo Nadal…

Esta felicitación de Nadal en formato «pop-up» ten como protagonista ó «Apalpador» ou pandigueiro. Podes descargar as partes da felicitación e montalas na túa casa.

Instruccións de montaxe:

  1. Imprimir as 3 páxinas a cor, a ser posible nun papel de polo menos 120 gramos
  2. A impresión nunha impresora corrente deixa unha marxe importante, xa contei con esto, é importante NON redimensionar o debuxo ó imprimir, avisará de que vai facer recortes, pero esto non importa se axustamos a impresión á parte superior esquerda
    impresion-apalpador
  3. Marcar as dobleces (as liñas punteadas), eu o fago cun cartabón para guiar e calqueira instrumento romo (non uses a parte cortante das tesoiras se é o que tes a man)
  4. Recortar o corpo e cabeza do apalpador
  5. Pegar as diferentes partes, mellor nesta orde. Uso un pegamento corriente (pode ata ser un pegamento en barra, pero tamén un normal para papel ou incluso cola branca)
    1. Folla exterior e interior da postal
    2. Corpo do apalpador (1 e 2)
      1. A pestaña «1» doblada cara dentro, as caras numeradas pegadas entre sí
    3. Cabeza do apalpador (3 e 4)
    4. Gorrión (eu o pego nun lateral da pucha do apalpador)

 

As diferentes partes da postal en formato JPEG:

 

Se precisas algo en maior calidade, tamén as podes descargar como PDF

A tipografía e a «Vila Morena», de Ipanema Gráfica: http://www.dafont.com/ipanema-grafica.d910

E xa postos, un libro moi bo sobre o tema «The Elements of Pop-Up», de DAvid A. Carter e James Diaz, hai unha edición en castelán, que vin un día nunha das estanterías do fondo da librería Paz de Pontevedra.