Tiras para a revista de Xarmenta

Atopei esto hai uns días no ordenador, pensaba que o borrara hai tempo, así que o colgo aquí (en pequeno, porque a versión para imprimir ocupa bastante) antes de que o perda definitivamente.

En 2010 (en marzo tal vez) fixen un par de tiras para a revista de Xarmenta, unha asociación cultural para a defensa e promoción da língua galega no Bierzo, as dúas tiñan o mesmo tema (a falta de cobertura da Televisión de Galicia na TDT no Bierzo).